O Concello de Rianxo promove un novo curso preparatorio para a obtención do graduado en ESO destinado a persoas adultas. Así o deu a coñecer a concelleira de Benestar Social, Igualdade, Maiores e Xuventude, Ana Vidal Fungueiriño, explicando que o prazo de inscrición estará aberto dende o 1 de xullo ata o vindeiro 16 de agosto. Para participar nesta formación requírese das persoas participantes que sexan maiores de 18 anos e que teñan o Graduado Escolar ou ter superado o segundo curso da Educación Secundaria Obrigatoria. Máis información nos teléfonos 881 987 471 e 881 862 225 de 10:00 a 13:00 horas.




