Rianxo dá a benvida ao verán cunha campaña de chea de actividades e premios: “Hello Summer!”

25 Xuño 2025

A Asociación Rianxeira de Empresarios (ARE) presenta este mércores 25 de xullo os detalles de Hello Summer!, unha nova campaña de dinamización comercial que se celebrará este venres 27 de xuño cunha xornada festiva que converterá as rúas de Rianxo, en palabras da ARE, “nun espazo de diversión, compras e gastronomía”. Con esta iniciativa, co-financiada pola Xunta e coa colaboración do Concello de Rianxo, a ARE busca dar a benvida ao verán “poñendo en valor o comercio local, ofrecendo experiencias diferentes á clientela e atraendo á veciñanza e aos visitantes á zona comercial da vila”.

A campaña contará con numerosas actividades pensadas para todos os públicos, que se desenvolverán entre as 18:00 e as 21:00 horas en distintos puntos do casco urbano. Os máis pequenos poderán gozar de inchábeis no Campo de Arriba e de obradoiros infantís de lecer nos Xardíns da Martela.

Tamén haberá doces con convite dos comercios: un posto de flocos de millo na praza de Rafael Dieste e outro de algodón doce nos Xardíns da Martela.

Un dos atractivos principais será a ruleta da sorte, instalada nos Xardíns da Martela de 19:00 a 21:00 h, onde a clientela poderá participar presentando os tíckets de compras realizada ao longo do día en calquera negocio asociado e levar algún dos centos de agasallos dispoñíbeis.

Ademais, haberá sorpresas nos establecementos asociados, promocións especiais e descontos exclusivos.

A hostalería rianxeira tamén se suma á celebración, ofrecendo fantásticas tapas para completar unha experiencia completa de lecer, compras e sabor.

Tamén estará presente a Asociación BarbanTEA co seu posto informativo.

A Asociación Rianxeira de Empresarios convida a toda a veciñanza e a quen “nos visite a participar nesta xornada que pretende celebrar a chegada do verán apoiando ao pequeno comercio, dinamizando a vida na vila e ofrecendo unha alternativa de ocio en clave local”, explicou a entidade empresarial, engadindo que toda a información e novidades poderanse consultar a través da web www.are.gal e nas redes sociais da Asociación.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...