Rianxo celebra este domingo 22 as Festas do Santísimo Sacramento

19 Xuño 2025

A Asociación de Veciños do Santísimo Sacramento de Rianxo preparou para o vindeiro domingo 22 de xuño unha intensa programación festiva que rematará cunha verbena na praza de Castelao. Ademais, residentes e visitantes poderán desfrutar das tradicionais alfombras florais en diversas rúas da vila elaboradas pola veciñanza rianxeira.

A axenda de actividades das Festas do Santísimo Sacramento comezará pola mañá cunha ruada a cargo da Escola de Música de Rianxo. Ás 11.30 horas haberá unha misa solemne de Corpus e comuñóns. Máis tarde, sobre as 14.00 horas, celebrarase unha sesión vermú amenizada polo grupo Salsarena

Pola tarde, ás 19.00 horas, haberá unha misa vespertina acompañada polo Coro Abraira de Asados e logo celebrarase unha procesión coa Escola de Música de Rianxo.

Pola noite haberá verbena amenizada novamente polo grupo Salsarena.

Haberá alumeado e fogos artificiais.

As festas contan coa colaboración do Concello de Rianxo.

 

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.