Rianxo amplía as prazas do Campamento Concilia Verán

10 Xuño 2025

O Concello de Rianxo decidiu ampliar as prazas inicialmente previstas do Campamento Concilia Verán 2025 coa finalidade de “atender a gran demanda de prazas por parte das familias rianxeiras durante a vindeira tempada estival”, informaron fontes do Consistorio.

O campamento, destinado á rapazada de entre 3 e 12 anos co obxectivo de achegarlles alternativas de lecer e creativas durante o verán, desenvolverase no IES Félix Muriel, no CEIP Ana María Diéguez e no CEP Brea Segade dende o 23 de xuño ata o 29 de agosto. As persoas admitidas deberán realizar o pagamento entre os días 9 e 17 de xuño, ambos incluídos. As listaxes provisionais de admitidos poden consultarse na web municipal.

Ademais, contarase con Plan Madruga e con servizo de transporte para facilitar os desprazamentos dos nenos e nenas que participen. Toda a información, así como o formulario de inscrición, está xa dispoñíbel na páxina web do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...