Os bombeiros do parque provincial de Boiro achegáronse na tarde deste martes 17 de xuño até o lugar de Comoxo, no concello de Boiro, por un aviso de niño de avespas velutinas.
Foi o 112 quen deu o aviso ás 16:43 horas, indicando que había un niño na entrada do local dunha asociación. Para aproveitar as horas de menos calor e sabendo que nese momento habería máis posibilidades de que houbera máis avespas no niño, os bombeiros desprázanse ata o punto ás 20:43 horas.
No lugar dos feitos, os bombeiros envelenaron para a posterior retirada dos restos.
