Renatur_Outes celebra este venres un obradoiro de refuxios para escaravellos na beira do río Tins

06 Xuño 2025

Este venres 6 de xuño o concello de Outes acolle a partir das 10.00 horas unha xornada paticipativa de elaboración de novos refuxios para escaravellos autóctonos no río Tins. A actividade dará comezo na Casa da Cultura do Concello de Outes cunha charla explicativa impartida por especialistas na materia e acto seguido instalaranse os acubillos para insectos na beira do río, co obxectivo de” favorecer a biosiversidade da contorna ambiental do Tins”.

O obradoiro, que se desenvolve durante toda a mañá deste venres, é aberto e colaborativo. Encárase na actividade ambiental e voluntaria do Proxecto Renatur_Outes. Acompañarase da charla explicativa Visitando un refuxio de escaravellos por parte de Jonatan Rodríguez da área de Ecoloxía da USC. A actividade é de balde e apta para que aprendan rapaces e maiores.

Liderado polo Concello de Outes, Renatur_Outes conta coa participación de investigadores das tres universidades públicas galegas: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, a Fundación Montescola e o CEER Centro Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal, co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (#MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (#ProyectosPRTR), financiado pola Unión Europea – #NextGenerationEU.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.