O PSOE de Rianxo di que o Concello non completou a primeira das rozas previstas en máis da metade das parroquias

11 Xuño 2025
O voceiro do grupo socialista de Rianxo, Óscar Rial

Os socialistas de Rianxo, a través do voceiro Óscar Rial, emitiron un comunicado no que critican ao Concello por, segundo indican, “non ter completada a primeira roza en máis do 50% das parroquias”. Esta situación, din, “é froito da falta de planificación por parte do Goberno local”.

E engaden: “Queremos expresar a nosa profunda preocupación polo estado de abandono que presentan moitas parroquias do noso municipio, xa que a día de hoxe aínda non se realizou a primeira roza e limpeza en máis da metade das parroquias, nun contexto no que a maleza, a falta de visibilidade en estradas e camiños, e o deterioro dos espazos públicos constitúen un risco evidente para a seguridade da veciñanza e unha mostra máis da desorganización do actual Goberno local”.

No comunicado lembran que “hai xa dous meses que os socialistas advertimos desta situación, instando ao Executivo a actuar con previsión e responsabilidade, pero, por desgraza, lonxe de terse adoptado medidas correctoras, o Concello continúa afondando no problema con decisións erráticas que agravan aínda máis a situación”.

Tamén critican que dende o Goberno local “non se respondeu a ningunha das nosas preguntas acerca dos criterios seguidos para elaborar o calendario de rozas e limpezas, sobre se vai ser mantido o modelo de dúas limpezas ao ano como nos últimos exercicios e sobre que medidas van ser postas en marcha para regularizar os máis de 140.000 € en contratos sen licitación”.

Para os socialistas, “as limpezas seguen facéndose de forma improvisada, coinciden coas celebracións locais, e continúan sen responder a un plan serio nin calendarizado que respecte os tempos e necesidades de cada parroquia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.