Presentada a 1º edición do Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra

06 Xuño 2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este venres 6 de xuño a primeira edición do Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación, “unha iniciativa que lanzamos no ano no que conmemoramos o 75 aniversario do falecemento desta figura central da cultura e da identidade de Galicia, que ten no Museo de Pontevedra un repositorio inmenso do seu legado, e que nos vai permitir promover o inmenso talento e potencial literario da nosa provincia”.

Trátase dun único premio, dotado con 12.000 euros, que pode ser concedido con carácter ex aequo.

Poden presentarse a este galardón que pon en marcha por vez primeira a Deputación de Pontevedra aquelas persoas maiores de idade que presenten obras de teatro escritas en lingua galega de acordo coa normativa da Real Academia Galega, cunha extensión máxima de 200.000 caracteres con espazos incluídos.

As obras deben ser inéditas, total ou parcialmente, non poden ter recibido ningún premio en outros certames, nin ser levadas a escena. E as propostas serán totalmente anónimas, segundo o sistema de plica. O prazo de presentación dos traballos pecharase o 31 de outubro de 2025.

A obra gañadora será tamén publicada e será seleccionada por un xurado integrado polo presidente da Deputación, o secretario da Deputación e cinco persoa de recoñecido prestixio no ámbito teatral e literario galego.

“Poñemos o foco, unha vez máis, na creatividade e no talento desta provincia e no teatro, unha disciplina que nós temos recuperado no marco da programación cultural da Deputación a través de iniciativas como o circuíto +Escénicas”, recordou o presidente Luis López.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.