Peñas Boiro AC contará con dúas citas no programa das Festas do Verán 2025

20 Xuño 2025

Peñas Boiro AC, no marco da programación das Festas do verán 2025, contará con dúas citas con programación específica que terá lugar no Parque da Cachada. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Cultura, María Outeira, presentaron este venres 20 de xuño o programa xunto do presidente de Peñas Boiro AC, David Laíño.

A primeira delas celebrarase o venres 4 de xullo coa V Remember Fest, que comezará cunha ruada peñeira a partir das 20.30 horas coa charanga BB+ e a partir das 23.00 horas no Parque da Cachada Euphoria Disco Show con Paco Vulkano, Soniko DB e Xacobo DJ.

O 7 de xullo celebrarase o XVII Luns das Peñas, que comezará ás 11.30 horas coa xuntanza das peñas no Parque da Cachada e ás 12.00 horas terán lugar os xogos peñeiros e a festa infantil; ás 13.45 horas festa da auga con mangueirazo e sesión musical; vermú con The Cuncas e comida peñeira. A partir das 17.00 horas Soundivan, Marcos Magán, DJ Enter e Places.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...