Padrón reforza a súa oferta de conciliación estival

16 Xuño 2025

O Concello de Padrón reforza o seu compromiso coa conciliación familiar e laboral durante os meses de verán cun aumento significativo de prazas nos seus programas estivais destinados a nenos e nenas do municipio. Este ano, ofrécense tres iniciativas: Conciliación Verán, Campus Deportivo de Verán e o novo Campamento Dixital, sumando unha oferta máis diversa e adaptada ás necesidades das familias.

Máis prazas e novo horario no programa Conciliación Verán

Un dos programas máis demandados, Conciliación Verán, aumenta este ano a súa capacidade con 125 prazas, cinco máis que na edición anterior. Ademais, este ano amplíase o horario: adiántase a entrada 15 minutos e atrásase a saída outros 15, ofrecendo unha franxa de conciliación máis ampla para facilitar a organización familiar de 7:45-15:15.

Como novidade, incorpórase unha nova quincena no mes de agosto, dando resposta ás demandas veciñais para cubrir un período que tradicionalmente quedaba sen oferta de conciliación.

Campus Deportivo e novo Campamento Dixital

Á oferta tradicional do Campus Deportivo con 120 prazas, súmase este ano o innovador Campamento Dixital, un programa gratuíto centrado na iniciación á informática e a tecnoloxía, orientado a fomentar o pensamento lóxico e as habilidades dixitais dos máis novos. Dito programa é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Juventud e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU e en colaboración co Concello de Padrón.

O Campamento Dixital contará con 20 prazas por quenda durante o mes de xullo, o que supoñerá un total de 60 prazas dispoñibles de luns a venres de 10:00-13:00 horas. A primeira quenda do 23 de xuño ao 4 de xullo (inscrición ata o xoves 5 de xuño), a segunda quenda do 7 de xullo ao 18 de xullo (inscrición ata o xoves 19 de xuño) e a terceira quenda do 21 de xullo ao 4 de agosto (inscrición ata o xoves 3 de xullo).

Este novo espazo educativo reforza a aposta por actividades formativas e lúdicas adaptadas ao mundo onde cada participante obtén o certificado DigComp, recoñecido pola Unión Europea en competencias dixitais.

Desde o Concello de Padrón anímase ás familias á inscrición no Campamento Dixital para poder realizalo, xa que é necesario un mínimo de 15 nenos e nenas entre 9-13 anos de idade para poder levalo a cabo.

Con estas medidas, o Concello reafirma o seu compromiso coa educación, o lecer saudable e a conciliación, ofrecendo alternativas de calidade para que os nenos e nenas poidan desfrutar do verán mentres as súas familias poden compaxinar a súa vida laboral.

Para máis información sobre o Campamento Dixital, poden poñerse en contacto coa Aula Cemit no teléfono 675 748 812 en horario de mañá e fóra deste horario en correo@padron.gal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.