Os recursos turísticos do Concello de Boiro amplían o seu horario durante a época estival

06 Xuño 2025

O Concello de Boiro aumenta o horario dos distintos servizos e recursos turísticos para atender a demanda de visitantes durante a época estival. O Pazo de Goiáns e o punto de información turística do Paseo Marítimo de Barraña prestaran servizo durante a semana.

O punto de información turística do paseo marítimo de Barraña estará en servizo de martes a sábado en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 20.30 horas e funcionará como un punto de información auxiliar da Oficina de Turismo situada na Casa Consistorial de Boiro con información sobre os principais recursos do municipio.

O Pazo de Goiáns estará aberto os martes de 18.00 a 21.00 horas, de mércores a sábado de 11.30 a 13.30 horas e de 18.00 a 21.00 horas e os domingos de 11.30 a 13.30 horas. Ademais ofrécense visitas guiadas os martes ás 18.15, 19.15 e 20.15 horas; de mércores a sábado ás 11.45 e 12.45 horas e ás 18.15, 19.15 e 20.15 horas; e os domingos ás 11.45 e 12.45 horas.

A duración das visitas é de 45 minutos e para participar é necesario reservar previamente na Oficina de Turismo da Casa Consistorial de Boiro, no punto de información turística do paseo marítimo de Barraña ou no teléfono 981 84 26 54.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.