“Os que quedan na memoria: os médicos de antes”. Antón Luaces

02 Xuño 2025

[⚠️ Suspicious Content] Ao remate da década dos oitenta (1989), os galegos comezamos a vivir a experiencia de dispor dunha asistencia sanitaria de seu, unha asistencia pública consecuencia da transferencia do Estado á Xunta de Galicia das competencias a esta comunidade autónoma do Servizo Galego de Saúde (SERGAS). Grazas a esta transferencia, os galegos dispoñemos dunha rede (insuficiente) de asistentes sanitarios dirixidos (mal que ben) pola Consellería de Sanidade e con centros médicos distribuidos con máis ou menos fortuna por todo o territorio da comunidade autónoma: o Clínico Universitario, o provincial de Conxo, o Gil Casares, o Psiquiátrico de Conxo e o Hospital do Barbanza, todos eles integrados no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e 75 centros de atención primaria e 18 puntos de atención continuada; na área sanitaria da Coruña, que abrangue as comarcas de Fisterra, Terra de Soneira, Bergantiños, A Coruña e Betanzos, conta con centros hospitalarios que conforman o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña: Hospital Universitario da Coruña, Hospital Marítimo de Oza, Hospital Abente y Lago, Hospital Teresa Herrera, Hospital Nosa Señora da Xunqueira (Cee), e os centros de especialidades do Ventorrillo (na Coruña), Carballo e Betanzos, 71 centros de saúde e 13 puntos de atención continuada; na Área Sanitaria de Ferrol comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, que conforman o Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, os hospitais Arquitecto Marcide, Naval e Novoa Santos, e 28 centros de saúde (atención primaria); na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Hospital Universitario Lucus Augusti, Hospital Xeral de Lugo (centro de día), Hospital de Calde (psiquiátrico), San José, Centro de Especialidades Praza do Ferrol, Hospitas Comarcal de Monforte e Hospital da Costa de Burela; na Área Hospitalaria de Ourense, Verín e Valdeorras, o Hospital Nosa Señora do Cristal, Santa María Nai, Santo Cristo de Piñor, Materno-Infantil Infanta Elena, Psiquiátrico Dr. Cabaleirio Goás, Centro de Especialidades Rúa do Concello, Hospital Comarcal de Valdeorras e Hospital de Verín, e na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o Hospital Provincial de Pontevedra, Hospital Universitario Montecelo, Hospital Público do Salnés (Vilagarcía), centro de especialidades Mollavao (Pontevedra) e 40 centros de saúde e 11 puntos de atención continuada en atención primaria. Na área sanitaria de Vigo (sur da provincia de Pontevedra), Hospital do Meixoeiro, hospital Nicolás Peña (antigo Hospital Municipal), Hospital Álvaro Cunqueiro, Hospital POVISA (Vigo), Centro integral de saúde Taboada, 53 centros de saúde e 10 Puntos de Atención Continuada.
Con toda esta estrutura, unha alta porcentaxe do persoal que a atende na comunidade autónoma galega cesará en pouco tempo na prestación dos seus servizos por mor da idade (xubilación) e non se albisca unha remuda substancial que permita pensar que se podan cubrir totalmente as prazas vacantes, dadas as escasas/nulas espectativas de futuro económico/profesional que agoiran aqueles que agora se dispoñen a colgar as súas batas brancas.
Teremos que retornar á atención médica en consultas privadas como acontecía cando se creou o SERGAS?.

Outros artigos

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

+

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...

+

“Caldaloba” – Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de Caldaloba, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto. Foi, á vez, un pracer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben, eu que só podo intuír e sentir a grandeza...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El triunfo de los listos” – José Antonio Constenla

“El triunfo de los listos” – José Antonio Constenla

Hay una dicotomía semántica que la actualidad política española se ha empeñado en poner de actualidad, la diferencia entre listo e inteligente. La inteligencia consiste en comprender la realidad, mientras que la listura, en aprovecharse de ella. El inteligente inventa...