
O Concello de Rianxo colabora co Instituto de Ciencias do Patrimonio – CSIC na execución dunha iniciativa sobre a percepción que estuda como procesamos e interpretamos a información e que se apoia, para o seu desenvolvemento, no estudo do patrimonio, por exemplo no estudo dos petróglifos rianxeiros, entre os que destacan importantes tesouros patrimoniais como o dos Mouchos. Trátase do proxecto XCAPE – Material Minds(Exploring the Interactions between Predictive Brains, Cultural Artefacts, and Embodied Visual Search), o cal conta con financiamento por parte da Unión Europea.
Ao abeiro deste proxecto, levouse a cabo nos petróglifos dos Mouchos un experimento no que participaron varios veciños e veciñas do municipio, xerando gran cantidade de datos que o equipo de investigación deMaterial Minds analizará nas próximas semanas.
O proxecto estuda como o mundo que construímos chega a transformar a nosa mente e a nosa forma de procesar a información, modificando activamente os patróns de pensamento e atención. O proxecto trata de responder estas preguntas con diferentes técnicas que combinan o seguimento dos movementos oculares coa medición doutros indicadores, tanto fisiolóxicos como de movemento.
Máis polo miúdo XCAPE – Material Minds comprobar como a nosa cultura material (ferramentas, recipientes, vestimentas, utensilios, construcións, paisaxes, etc) modifica activamente os patróns humanos de atención e procesamento da información. Para iso, XSCAPE reúne a especialistas en investigación neurocientífica e ciencia cognitiva con profesionais da arqueoloxía, a antropoloxía e a filosofía, utilizando unha metodoloxía multidiscipinar e experimental. XSCAPE é un proxecto en desenvolvemento, pero as primeiras análises xa permitiron comprobar, por exemplo, que cada estilo cerámico impón un modo diferente de ser observado. Isto implicaría que os cambios estilísticos están relacionados con cambios cognitivos, ademais de con o proceso histórico.



