Os campamentos de verán de Porto do Son (Movida Urbana) achegan unha completa axenda de conciliación, ocio e deportes

03 Xuño 2025

Outro verán máis, o Concello de Porto do Son pon en marcha a iniciativa Movida Urbana: os campamentos de verán de conciliación e de lecer dirixidos á rapazada de entre 3 a 12 anos (nados/as entre 2013 e 2021).

A axenda de actividades desenvolverase entre o 14 de xullo e o 14 de agosto, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas, e levaranse a cabo en 3 localizacións: Porto do Son, Portosín e Xuño. 

As familias interesadas poderán anotarse no campamento completo ou na quenda que prefiran: a primeira quenda do 14 de xullo ao 1 de agosto e a segunda quenda do 4 ao 14 de agosto.

O formulario de inscrición xa está dispoñíbel para descargar na web municipal e o prazo para anotarse estará aberto do 5 ao 18 de xuño, a través do rexistro municipal ou da sede electrónica.

O campamento completo (14 xullo ao 14 de agosto) ten un custo de 125 euros; a primeira quenda (14 xullo ao 1 de agosto) de 75 euros; e a segunda quenda (4 agosto e 14 agosto) de 50 euros. Haberá bonificacións para segundos irmás, familia numerosa ou persoas usuarias do servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello.

As persoas interesadas poderán obter máis información na Oficina de Deportes ou no teléfono 981 767 589.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...