Os armadores de Ribeira piden á Xunta e á Lonxa que solucionen o problema da falta de luz en varias zonas do porto (dende hai uns 15 días)

04 Xuño 2025

A Asociación de Armadores de Ribeira compartiu un comunicado no que expresan o seu malestar e a súa preocupación polo funcionamento do alumeado público na contorna do porto de Santa Uxía. Segundo fan saber, a zona das chabolas portuarias e a contorna do campo das redes (onde se estenden e arranxan as redes e outros aparellos dos barcos pesqueiros) levan sen luz dende hai uns quince días. Ante esta situación, sinalan, “puxémonos en contacto con Portos de Galicia, informando á entidade dependente da Xunta da situación e contéstannos que iso é responsabilidade da Lonxa de Ribeira, por conseguinte, puxémonos en contacto cos responsables da Lonxa, onde nos indican que eles non son os responsábeis, que iso é cousa de Portos de Galicia, que lles reclamemos a eles”. A Asociación de Armadores quéixanse no comunicado do surrealista da situación e das trabas burocráticas que poñen as administracións á cidadanía para entorpecer o arranxo de servizos que deberan estar en bo funcionamento.

“Por tanto”, engaden, “xa nos tememos que este asunto de competencias (ou incompetencias) vainos a levar, sabe deus canto tempo, a ter que seguir a escuras”. Tamén indican que “os propios camioneiros xa se están queixando porque que si hasta agora, con luz e todo, o problema era que lles roubasen o gasóleo ou as baterías, agora ca nocturnidade e aleivosía, xa lles levarán directamente os camións”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.