Olloboi entregou os premios da súa (exitosa) edición 2025

10 Xuño 2025

Boiro (Abadía de San Enrique) acolleu o pasado venres 6 de xuño a gala final da edición 2025 do Festival Olloboi, prestixioso certame xuvenil con sede no Barbanza (e con vontade internacional) a cuxos premios aspiraban 58 curtametraxes achegadas dende preto de medio cento de centros educativos galegos pero tamén de Euskadi e Portugal. Na canle de Youtube do certame podemos ver os contidos que concorreron nesta convocatoria. Tamén podemos acceder a eles a través do Facebook do festival.

O Premio Olloboi 2023 foi para Que castróns son, do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro); o Premio Plus18 para En el valle de la perseverancia da UVigo; o primeiro premio da modalidade de Bacharelato-Ciclos para para Reading Oddissey, do IES Virxe do mar de Noia (sendo finalistas as curtas Segundos eternos e Su otro reflejo do IES Blanco Amor de Culleredo); e os gañadores na categoría de ESO foron os alumnos da Fundación Zaragüeta Zulaica (Guipúscoa) por La pieza que falta. Nesta mesma modalidade de ESO foron finalistas Estoy entre vosotros do IES Blanco Amor e Teoría da relatividade do IES Rego de Trabe, do mesmo IES de Culleredo).

Na modalidade de Premio Peque impúxose o CEIP Torre-Cela (Bueu) con Conexión, e os finalistas foron os estudantes do CEIP Santa María do Castro (Cabo de Cruz, Boiro) por Máxica. O Premio Olloboi PT á máis destacada contribución chegada dede Portugal foi para A princesa na torre, da Escola EB 2-3, e para Erros meus, má fortuna, amor arde da Escola EB 2-3 Carteado Mena.

Para rematar, o Premio Muchachada distinguiu a E imos andando así do IES A Cachada de Boiro e Rapazas de agora do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro.

O festival veu novamente da man da Asociación Cultural Olloboi coa colaboración do Concello de Boiro. A gala artellouse en dúas entregas, primeiro a celebración da Muchachada e logo (pola tarde) o festival propiamente dito coa proxección das curtas realizadas.

Este ano contouse con cinco categorías: Olloboi Peque, para traballos elaborados con alumnado de Infantil e Primaria; Olloboi ESO e Olloboi BAC/Ciclo medio, que participaron na Muchachada Olloboi para o alumnado responsábel da peza; Olloboi Plus18, para pezas elaboradas por alumnado de centros de ensino superior, profesorado ou PAS; e Olloboi PT, para curtametraxes enviadas desde Portugal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.