O XII Campus Boiro do Obradoiro CAB celebrarase do 23 ao 27 de xuño

18 Xuño 2025

O Concello de Boiro colabora na XII edición do Campus Boiro do Obradoiro CAB, que se vai desenvolver do 23 ao 27 de xuño. O alcalde, José Ramón Romero, participou este 18 de xuño na presentación da actividade xunto con Héctor Galán,director xeral do Obradoiro CAB; Martín Guerreiro, director Campus Jealsa-Obradoiro; e Marga Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA.

Segundo explicaron, esta actividade está destinada a rapaces e rapazas nacidos entre 2007 e 2019 e vaise desenvolver en horario de 9.30 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

“Boiro é xa un sitio de referencia para este campus polas súas instalacións e polo entorno, que nos permiten mesturar o deportivo con actividades para que os participantes poidan divertirse”, afirmou Héctor Galán.

Durante cinco días os participantes poderán gozar do baloncesto nun ambiente divertido e educativo con adestramentos adaptados a cada idade, adestradores cualificados e a posibilidade de compartir pista con xogadores do club.

“Trátase de combinar os adestramentos con actividades creativas con vistas a que a rapazada comparta experiencias arredor do baloncesto de forma dinámica”, recoñeceu Martin Guerreiro.

O prezo de inscrición é de 150 euros a actividade, 220 actividade comida e 260 no caso de actividade, comida e transporte. Todas as opcións inclúen o equipamento completo así como un convite a asistir a un partido do Monbus Obradoiro na tempada 2025/2026.

O Campus Boiro do Obradoiro conta con patrocinio de empresas e entidades como a conserveira local JEALSA. A súa directora de Relacións Institucionais, Marga Hermo, recoñeceu que “é un privilexio seguir contando con esta actividade e conta co noso apoio porque dende JEALSA entendemos que o deporte baséase en compartir e fomentar o traballo en equipo e vida saludable nos rapaces”.

O alcalde, José Ramón Romero, animou á rapazada a participar “nestas actividades que se desenvolven nun lugar idílico durante o verán e que leva a cabo un club como é o Obradoiro ao que lle desexo moitos éxitos de cara á tempada 2025/2026”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.