O rianxeiro Erik Martin logra dobre ouro no Campionato de España de Kung Fu

24 Xuño 2025

O mozo deportista rianxeiro Erik Martin proclamouse dobre campión de España no Campionato Nacional de Kung Fu celebrado en Madrid, consolidando a súa traxectoria como unha das grandes promesas do wushu a nivel estatal.

Con só 12 anos, Erik conseguiu impoñerse con autoridade nas dúas categorías de competición de kung fu wushu, logrando un márxen de vantaxe de 0,6 puntos sobre os seus rivais. Esta nova vitoria reafirma o seu título nacional e chega tras obter, o pasado mes de maio, a medalla de prata no Campionato Europeo celebrado en Grecia, onde representou a España con brillantez.

Seleccionado entre os oito mellores deportistas galegos de taolu segundo o ranking autonómico, Erik acumula xa 13 ouros e 2 pratas en competicións oficiais a nivel nacional e internacional.

Comezou no mundo do kung fu con apenas 3 anos, adestrado polo seu pai e mentor, Daniel Martín, exdeportista profesional formado en China, quen dirixe con precisión os seus adestramentos e confía nun futuro prometedor para o seu fillo.

Debutou con só 10 anos no Campionato de España en Navarra, proclamándose campión infantil. Desde entón, a súa carreira non fixo máis que medrar, tanto a nivel deportivo como en recoñecementos institucionais.

Pola súa medalla europea, Erik foi recibido recentemente na Xunta de Galicia polo Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e polo presidente da Federación Española de Judo, Mario Muzas, quen lle entregaron un obsequio e renderon homenaxe á súa traxectoria impecable. Segundo o seu actual ranking, Erik está considerado o mellor competidor español na súa categoría de idade.

Ademais, este venres será homenaxeado pola Deputación da Coruña nun acto oficial de recoñecemento, feito que a familia agradece profundamente polo apoio institucional ao esforzo e dedicación de tantos anos.

Fóra do ámbito deportivo, Erik tamén destaca no mundo da música. É gaiteiro habitual en espectáculos e violinista na Orquestra Sinfónica de Pontevedra, demostrando un talento multifacético e unha disciplina pouco común para a súa idade.

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa recibe aós irmáns Wizner

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.