O PSOE de Ribeira di que o financiamento europeo da obra do PP “podería limitar os cambios no malecón”

19 Xuño 2025

O PSOE de Ribeira emitiu un comunicado no que comparte a súa postura respecto da proposición feita polo Partido de Barbanza Independente para crear un dobre carril de circulación: “Consideramos que a proposta do PBBI de recuperar o dobre carril de circulación no tramo do Malecón pode ser necesaria e razoábel, especialmente tendo en conta a presión de tráfico que soporta esta zona durante todo o ano, e moi especialmente no verán”, sinalan, engadindo que “con todo trátase dunha zona sensíbel que foi obxecto dunha actuación promovida polo anterior goberno do PP e co-financiada con fondos FEDER, circunstancia que podería condicionar a posibilidade de introducir cambios, segundo as obrigas que marca o Regulamento (UE) 2021/1060”.

Sinalan no comunicado que “estamos abertos a melloras, pero calquera cambio debe facerse con total seguridade, en caso contrario poderiamos ter que devolver fondos europeos. Cómpre actuar con certeza: non podemos fallar”, afirmou Francisco Suárez-Puerta, engadindo que a situación do malecón é, de feito, moi semellante á da rúa Castelao en Aguiño, tamén reformada con fondos europeos. “Se non é legalmente posíbel modificar unha, entendemos que tampouco o sería no outro caso, polo que debemos actuar con prudencia e contar cos informes que respalden esa decisión”, sinalan.

Lembran tamén que a reforma do Malecón foi impulsada polo Partido Popular e tivo un custo superior aos 800.000 €, dos cales máis de 165.000 € foron asumidos por todos os veciños do concello de Ribeira. Un dos seus obxectivos declarados foi precisamente a eliminación de carrís de circulación para crear un novo modelo de espazo público. Reverter agora ese obxectivo podería ter consecuencias e sería un decisión precipitada”.

Os socialistas lembran que o proxecto Ribeira + Atlántica, co que o Goberno do PP xustificou a súa proposta ante a Unión Europea afirmaba literalmente: “Agora ben, de maneira ilegal (omitindo a sinalización de prohibición de estacionamento existente dentro da área portuaria) existe unha oferta virtual de 328 prazas que son frecuentemente utilizadas polos residentes. Esta dotación de aparcamento na fachada marítima da cidade xera un impacto visual que impide que os cidadáns poidan desfrutar da cidade e da súa privilexiada situación”.

Desde o PSOE de Ribeira consideramos que esta visión da realidade baseada en ofertas “virtuais” levou Qá eliminación de prazas de estacionamento sen ofrecer alternativas reais”.

A realidade, din, “é que desas 328 prazas, 60 estaban no peirao grande, 20 na rampla que recentemente acaba de pecharse, 92 desapareceron completamente tras a reforma e 54 pertencen ao aparcadoiro de camións da lonxa (sen acceso para vehículos non autorizados), e outras 180 sitúanse nunha zona vermella de alta actividade portuaria, cun uso incompatíbel co estacionamento veciñal e a instalación de atraccións de feiras”.

No comunicado sosteñen tamén “esta reforma non só eliminou prazas necesarias, senón que creou un deseño urbano que complica o tráfico e representa un risco cando un vehículo de emerxencias necesita atravesar o malecón en momentos de máxima afluencia. En moitos momentos, os condutores optan por circular polo espazo portuario para evitar este tramo”.

E conclúen: “Desde o PSOE de Ribeira reiteramos a nosa aposta por unha planificación responsábel, un uso eficiente dos recursos públicos e decisións baseadas en criterios técnicos reais e non virtuais, sempre co obxectivo de mellorar a mobilidade e a calidade de vida dos veciños de toda Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.