O PBBI defende o dobre carril de circulación na entrada ao centro urbano de Ribeira

18 Xuño 2025

A medida afectaría o tramo do Malecón entre as cafeterías A Fiestra e Bulebar

O Partido Barbanza Independente (PBBI) propuxo habilitar un dobre carril de circulación nun tramo do Malecón de Ribeira, entre as cafeterías A Fiestra e Bulebar. Segundo o seu portavoz, Vicente Mariño de Bricio, a medida axudaría a mellorar a fluidez do tráfico rodado, especialmente no verán, cando aumenta a poboación e o número de visitantes.

Mariño de Bricio subliña que a conxestión vehicular é un problema persistente durante todo o ano e que se intensifica en época estival, sobre todo durante as festas. Por iso, o PBBI defende que o dobre carril facilitaría o acceso ao centro urbano e favorecería a mobilidade, beneficiando á cidadanía ribeirense. Ademais, considera que este é o momento oportuno para executar a proposta, permitindo que entre en funcionamento antes do incremento do tráfico no verán e dos sábados de mercadillo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.