O PSdG reclama un plan de choque para garantir a remuda xeracional no sector marisqueiro

03 Xuño 2025

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Carlos López Font, esixiu á Xunta este martes 3 de xuño que “poña en marcha un plan de choque a curto, medio e longo prazo co obxectivo de garantir a continuidade e o relevo xeracional da actividade marisqueira”. O responsábel socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca para reclamar ao Goberno galego que “tome en serio a caída da produtividade marisqueira e a perda de empregos”. Amais, esixiu a posta en marcha “de forma intensa e efectiva” dunha serie de programas de formación e sensibilización, plans de sostibilidade, liñas de apoio á innovación e campañas de educación e visibilización dirixidas a “dignificar o oficio e amosalo como alternativa profesional viábel”. Sinalou que o sector do marisqueo galego se atopa nunha “situación crítica” pola caída da produtividade e a falla de relevo xeracional, que require de “políticas integrais que melloren as condicións do sector, faciliten o acceso ás novas xeracións e promovan unha imaxe renovada deste traballo tradicional”.

Font advertiu do momento “crítico” que atravesa o marisque, con datos como, a modo de exemplo, un descenso do 93 % na extracción de berberecho na ría de Arousa, un 86 % menos de ameixa “e 45 millóns de euros menos de facturación” durante o 2024. A iso únese o avellentamento, cunha media de idade superior aos 50 anos entre os e as profesionais. “En algunhas zonas hai unha nula presenza de menores de 30 anos”, apuntou.

Carlos López Font dixo que a Xunta está a demorar a tramitación da reversión de terreos portuarios sen uso aos concellos afectados. En resposta á comparecencia do presidente de Portos de Galicia, felicitouse de que o ente iniciase conversas coa FEGAMP despois de que o Grupo Socialista preguntase no pleno do Parlamento pola situación deste asunto, “cando pasaran catro anos sen que houbese ningunha comunicación cos concellos”.

O deputado reclamou que se manteña o diálogo cos municipios e se avance “con dilixencia” para “que as entidades locais poidan dispor plenamente duns espazos que, de facto, xa non están afectados por ningunha actividade portuaria”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.