O PSdG reclama á Xunta “cobertura efectiva” en todo Galicia dos centros de información á muller

25 Xuño 2025

O Grupo Socialista no Parlamento galego reclamou este 25 de xuño á Xunta que” elabore, en colaboración coa FEGAMP, unha estratexia para estender a rede de centros de información á muller (CIM) a todo o territorio galego”. A través dunha iniciativa que defendeu no pleno a portavoz de Igualdade, Paloma Castro, demandou tamén unha actualización da normativa que regula eses centros.

A deputada do PSdeG sinalou que a comunidade leva “un ano negro no tocante a violencia machista, con catro intentos de homicidio, dous asasinatos e un por confirmar”. Trátase, dixo, de casos “terríbeis aos que se unen feitos que trasladan á sociedade unha percepción negativa dos seus representantes”, censurou en relación á resposta “totalmente errónea que o Goberno galego, e o propio Rueda”, deron ante a denuncia por agresión sexual contra o conselleiro do Mar”, valorou.

“É algo moi grave e cun prexuízo profundamente machista”, afirmou ante un modo de proceder “que ten consecuencias na sociedade porque transmite unha mensaxe de sinalamento á vítima”. De feito, segundo apuntou, ese tipo de condutas “causan un efecto enormemente disuasorio entre as mulleres á hora de denunciar delitos coma unha agresión sexual, que, por certo, xa non se denuncian nun 80 % dos casos”.

Castro subliñou que os CIM son recursos “creados para evitar xusto todo iso”, e desde eles artéllase “unha intervención global dirixida ás mulleres”, que inclúe asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, “así como calquera outra información encamiñada á consecución da Igualdade efectiva ente mulleres e homes”.

Porén, a parlamentaria socialista asegurou que “en casos recentes de violencia de xénero existiu unha resposta policial eficaz, pero non ocorreu o mesmo coa resposta asistencial, tanto psicolóxica, porque estas mulleres tiñan que estar asistidas, coma en canto á prevención, que é a medida máis eficaz”.

Os principais motivos desa situación, dixo, son, por unha banda, “a sobrecarga de traballo, que provoca unha merma na calidade da atención, e por outra, que non cobren toda a xeografía galega”. Engadiu: “Non podemos consentir que unha década despois da creación dos CIM as mulleres de case o 40 % do territorio galego non dispoñan aínda dese recurso”, advertiu Castro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...