O pleno de Lousame acepta a cesión dunha parcela en Zaramagoso que mellora a seguridade viaria na zona

03 Xuño 2025

O pleno da Corporación de Lousame celebrou o pasado venres 30 a súa sesión ordinaria correspondente ao mes de maio, presidida polo tenente de alcaldesa Esteban Ares García. Unha sesión que comezou coa incorporación de Begoña Maroñas Maroñas como concelleira do grupo municipal socialista en substitución de Ana María Domínguez Laíño, quen formalizara a súa renuncia o pasado 1 de maio. Esteban Ares aproveitou para darlle a benvida e desexarlle o mellor no seu labor como concelleira.

Tras aprobar por unanimidade as actas anteriores e un recoñecemento de crédito para o pago de gastos realizados, o pleno aceptou a cesión dunha parcela de 487,3 metros cadrados realizada pola Comunidade de Montes en Man Común de Zaramagoso. Unha cesión aprobada nunha asemblea da comunidade celebrada o 20 de setembro de 2021 e que foi autorizada pola Xefatura de Montes o pasado 14 de novembro de 2023.

Deste xeito, esa parcela pasa a formar parte da estrada Escabia-A Pastoriza-Rianxo, aumentando a seguridade viaria na zona, sobre todo ao facilitar o xiro tanto dos autobuses escolares como dos de transporte de viaxeiros. A cesión foi aceptada cos votos a favor dos grupos municipais do PP e do PSOE, coa abstención do BNG.

Esteban Ares agradeceu a cesión por parte da Comunidade de Montes en Man Común de Zaramagoso e explicou que se trata “dunha cesión definitiva para o Concello de Lousame e supón regularizar unha situación xa existente, pois esa parcela xa forma parte de esa estrada e se vén utilizando dende hai tempo como parada para o autobús escolar como para facilitar o xiro do autobús e mellorar a seguridade viaria na zona”.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.