O Pazo de Goiáns acolle este venres unha nova visita teatralizada a cargo de Os Quinquilláns

18 Xuño 2025

Esta semana, o venres 20 de xuño a partir das 20.30 horas, continúan en Boiro as visitas teatralizadas ao Pazo de Goiáns, dirixidas a mostrar polo miúdo, dun xeito divertido e tamén divulgativo, os importantes tesouros arquitectónicos e ambientais do pazo e, tamén, a súa historia no tempo.

O programa vén da man do Concello de Boiro e as sesións serán conducidas novamente polo grupo Os Quinquilláns, compañía teatral especializada no teatro de rúa e infantil, que conta cunha longa experiencia recreando algúns dos fitos máis destacados da nosa historia e da nosa cultura.

As visitas estanse a levar a cabo nos meses de maio e xuño.

Estas visitas, que se veñen realizando na época estival, teñen como finalidade coñecer o noso patrimonio e a historia de Goiáns a través das personaxes que o habitaron.

As visitas desenvolveranse os días 8 de xuño ás 16.00 horas, o 20 de xuño ás 20.30 horas e o 26 de xuño ás 20.30 horas. Para participar é necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura de Boiro ou no 981 84 84 25.

Inscrición previa na Casa da Cultura de Boiro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.