O Náutico de Ribeira engalánase para a gran festa da vela na que rende homenaxe a Ramiro Carregal Rey

20 Xuño 2025

Texto e imaxes de Juan Caballero. O Club Náutico e Deportivo de Ribeira engalánase en homenaxe ao seu presidente de Honra, Ramiro Carregal Rey, na que é a maior festa da vela na comunidade galega, a Regata FRINSA, que este sábado largará amarras para navegar un trazado costeiro polo interior da ría de Arousa.

Á gran cita velística sumáronse as mellores unidades da frota das Rías Baixas e as súas comarcas, con nomes tan relevantes como o Corsario, de Jorge Durán, do Club de Iates de Vilagarcía, que co seu novo TP52 ofrecerá un gran espectáculo visual e deportivo; o Siradella, de César Álvarez e Francisco Gude, do Real de Portosín, un dos veleiros cunha gran colección de triunfos nas súas vitrinas; o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Punta Lagoa, vixente campión galego da clase, título obtido recentemente en Baiona; o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Club Náutico Arousa Norte; o Peperetes-Nortemar, de José Manuel Millán, do Real Club de Regatas de Galicia; o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Real Club Náutico de Sanxenxo, que fixo un gran esforzo por estar na FRINSA, tras un arranxo express no seu pau; o Moucho, de Daniel Ayaso, do club anfitrión de Ribeira; o Exit Manitú, de Emilio Lago, do Liceo Marítimo de Bouzas; o Orión, de Javier Pérez, do Monte Real Club de Iates de Bayona; ou o Youkounkoun, de Adolfo Castro, do Club Náutico de Portonovo, entre outros moitos veleiros, entre os que tamén destaca o mítico Arousa VI, de José Luís Torres Colomer, do presidente do Náutico de Ribeira, José Luís Torres Colomer.

Da loxística na auga encárganse os técnicos do Real Club Náutico Portosín, entidade colaboradora co Náutico de Ribeira, liderado polo seu xuíz de regatas, Sergio del Río; o seu oficial, Juan Antonio Insua; e cos locais Andrés Davila, como oficial principal; e Jose Fandiño, na seguridade. Como presidente do comité de protestas, Iago Fernández.

O trazado, que será un percorrido costeiro, roldará as 8-12 millas pola ría de Arousa, numeral que se elixirá entre a vintena que figuran nas instrucións de regata e que será definido no último momento ao estar supeditado ás condicións meteorolóxicas.

A saída está programada ás 12 do mediodía, sendo a hora límite o 15.30 h. Os veleiros serán clasificados na súa categoría natural de Regata, Cruceiro-Regata e Cruceiro, segundo o seu GPH ou corte, para facer unha competición máis igualada. A entrega de premios celebrarase ao termo da regata.

Bon III, Orión e Orlando foron os vencedores, nas súas respectivas categorías, da XXIII edición da FRINSA de 2024, xesta que tentarán repetir.


Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...