O II Foro Atlántico Empresarial reúne en A Pobra a empresas, expertos e administracións para abordar os retos da industria

25 Xuño 2025

A intelixencia artificial, a demanda de solo industrial e os retos enerxéticos, a debate no II Foro Atlántico Empresarial

O teatro cine Elma acolleu esta tarde a segunda edición do Foro Atlántico Empresarial, unha cita clave para o tecido industrial da comarca, na que se deron cita empresarios, técnicos e representantes das administracións públicas co obxectivo de analizar o presente e futuro dos parques empresariais.

A xornada abordou temas tan relevantes como a aplicación da intelixencia artificial ao ámbito empresarial, a necesidade de solo industrial, os novos desafíos enerxéticos ou os procesos de internacionalización das compañías.

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, foi o encargado de inaugurar o foro, que cualificou como “un espazo para a reflexión e o intercambio de experiencias, pensando no presente dos polígonos industriais, pero tamén no futuro”. Vidal fixo especial referencia ao parque industrial da Tomada, do que destacou a súa situación estratéxica e a calidade das súas empresas, pero advertiu de que “fáltalle o máis importante: superficie industrial para cubrir a crecente demanda existente”. Neste sentido, lembrou que o Concello e SEA traballan conxuntamente nun proceso de ampliación.

A continuación, José Antonio Vidal Romero, presidente da Asociación de Empresarios, Comerciantes e Autónomos da Pobra, fixo unha análise da situación actual dos empresarios locais e das súas principais demandas.

Pola súa banda, a xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, puxo en valor estes encontros como espazos necesarios de aprendizaxe e colaboración: “Permítennos mellorar as nosas capacidades nun mundo empresarial en constante transformación”, sinalou, agradecendo a implicación do Concello e das persoas participantes.

A xornada estruturouse en catro mesas temáticas:

  • “IA, un reto para as empresas”, coa intervención de Pablo Rivera Somorrostro (2Ksystems), que explicou como a intelixencia artificial pode optimizar procesos e mellorar a competitividade.
  • “Solo industrial: solucións á demanda”, moderada por Belén Trigo (UDC), onde Antonio Quintela, experto en urbanismo, e José Rey Hermida debateron sobre a planificación e fórmulas como o dereito de superficie, que permite o alugueiro con opción a compra de parcelas.
  • “Empresa e enerxía: retos, problemas e solucións”, con Rosa Salgueiro e Arturo Carrasco (Ireno Ingeniería), centrada na xeración e almacenamento enerxético no ámbito industrial.
  • “Internacionalización de empresas”, na que Patricia Pérez Martínez, directora territorial de ICEX en Galicia, explicou as axudas dispoñibles para abrirse a mercados exteriores.

O acto foi clausurado pola subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, quen destacou o impacto do Plan de Recuperación sobre o tecido empresarial galego. “O 80% dos fondos mobilizados en Galicia foron destinados a empresas”, afirmou, engadindo que máis de 15.900 compañías da provincia da Coruña recibiron axudas do programa Kit Dixital, por valor de 66 millóns de euros.

Rivas concluíu destacando que os fondos europeos só teñen sentido “se van da man do compromiso e da visión de futuro que vos caracteriza a vós: as persoas que credes na empresa como ferramenta de progreso social”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.