O grupo familiar As Tareixas presenta en Boiro o seu novo disco, o 21 de xuño

11 Xuño 2025

As Tareixas, grupo de música familiar que colleitou importantes éxitos grazas á súa participación no certame Quero Cantar da Deputación da Coruña, estará este mes no concello de Boiro, o 21 de xuño, presentando o seu novo disco.

As Tareixas é un grupo que botou a andar en decembro de 2023. Fíxoo tras a operación de cadeira da súa avoa Martina, cuxo relato foi tan intenso que acabou desembocando nunha canción coa que gañaron o segundo premio no concurso Quero Cantar, na categoría de mellor canción infantil. Tamén actuaron na Gala Final no Teatro Colón da Coruña. Esta actuación celebrouse a finais de abril 2024 e, días despois, xa os estaban chamando para facer concertos. Toda unha sorpresa que fixo que, José Manuel, o pai compositor, se puxese a completar varios temas que xa tiña feitos e a armar outros arredor do mundo familiar musical e Román (clarinete e voz) e Omara (trompeta e voz), con especial fincapé nas relacións humanas e na relación coa natureza.

En dous meses xa tiñan un repertorio de sesenta minutos. Todo cancións orixinais, en galego, e sobre temática infantil, aínda que do gusto de todos os públicos: letras profundas, arranxos coidados e interpretacións cheas de emoción son o selo do grupo.

Logo desta inesperada xira de verán no Nadal 24-25 As Tareixas metéronse no estudio a gravar o traballo discográfico Santo mandil, que estarán presentando todo ao longo deste verán 2025.

Concertos de presentación do disco

Vimianzo 11 Xuño

Vilasantar 19 Xuño

Boiro 21 Xuño

Redondela 18 Xullo

Moaña 19 Setembro

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.