O Concello encara a recta final das obras para repor o muro do lugar das Pontes

13 Xuño 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal encara a recta final das obras para repor un muro de contención e acondicionar a contorna do lugar das Pontes, na parroquia de Posmarcos. O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, visitaron o lugar nos últimos días para comprobar o avance dos traballos, que cualificaron como “esenciais para reforzar as condicións de seguridade viaria na zona”.

O Concello está actuando sobre un treito do muro situado nunha vía que presenta un importante desnivel duns cinco metros con respecto ás fincas lindeiras pola zona sur. Esta diferenza de altura resolveuse, no seu día, por medio da execución dun muro. Porén, a estrutura presentaba un problema de estabilidade, con fendas e un abombamento.

As actuacións municipais permitirán, precisamente, resolver as problemáticas da estrutura.

Para solucionar as deficiencias, o proxecto do Concello incluíu a demolición do treito afectado, duns 24 metros, e a súa reposición empregando o mesmo sistema construtivo con muro de perpiaño. As actuacións completaranse coa reposición das escaleiras de acceso á parcela situada no flanco sur. 

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.