O Concello de Rianxo recibe unha subvención da Xunta para a mellora do Cuartel Vello

02 Xuño 2025

O Concello de Rianxo vén de recibir unha subvención da Xunta de Galicia, por importe de 33.765€, para a mellora do Cuartel Vello. A subvención enmárcase dentro do programa de axudas da Dirección Xeral de Administración Local para a optimización das infraestruturas e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Segundo informaron fontes do Concello, as actuacións que se levarán a cabo consistirán sobre todo na renovación dos baños situados no primeiro andar “garantindo a accesibilidade aos mesmos, a renovación das portas do andar baixo e a disposición dun novo pavimento”.

O Cuartel Vello é un inmóbel do centro histórico de Rianxo, na praza de Castelao, chamado así por ter sido durante moitos anos o cuartel da Garda Civil, aínda que logo foi o primeiro instituto da vila. A día de hoxe está destinado a equipamento sociocultural multiusos.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.