O Concello de Muros presenta o programa das Festas de San Pedro con concertos para todas as idades e o Día do Orgullo

20 Xuño 2025

O Concello de Muros presentou este venres 20 a programación das súas Festas de San Pedro, que se celebrarán os días 28, 29 e 30 de xuño. Participaron na presentación do programa das festas a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Festexos, Laura Rivadeneira, e a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez. O cartel deste ano é de Uxía Saborido, deseñadora gráfica de Esteiro.

“Estamos ante unhas festas moi especiais para Muros, nas que como o ano pasado mantemos as tradicións e amosamos que somos un concello aberto, respectuoso e plural”, asegurou a alcaldesa, María Lago, que convidou ás festas a toda a veciñanza e os visitantes.

Como o ano pasado, Muros celebra o sábado 28 de xuño a Festa do Orgullo, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGBT. A axenda incluirá a Festa das Cores e outras actividades de lecer, como obradoiros de camisetas, chapas e sacas, antes de dar paso á Orquestra Escaparate e Disco Móbil Impacto. “Trátase dunha xornada festiva para celebrar o Orgullo e concienciar sobre o respecto e a pluralidade”, explica a concelleira de Igualdade, Maruxa Martínez.

O domingo 29 haberá procesión e misa cantada pola coral Don Diego de Muros, fogos de artificio e as orquestras Olympus e Acordes. Laura Rivadeneira lembrou ademais que “repetimos a sesión vermú do domingo, unha das novidades do ano pasado”.

O luns, como fin de festa, está previsto un concerto con Caamaño&Ameixeiras, un dúo galego ligado á música e o baile de raíz cunha gran traxectoria nacional e internacional; Boyanka Kostova, pioneiros do trap galego; Xián Pais, de Louro, e Meu Cariño, de Campo de Cortes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...