O Concello de Lousame organiza un obradoiro de mineirais no Museo das Minas de San Finx

06 Xuño 2025

O Concello de Lousame organiza un obradoiro gratuíto para achegar aos nenos e nenas o mundo dos minerais: un Taller de Minerais dirixido a nenos e nenas de 6 a 15 anos que terá lugar o próximo venres 13 de xuño, ás 17:00 horas, no Museo das Minas de San Finx, impartido polo xeólogo Fran Canosa.

O tenente de alcaldesa, Esteban Ares García, sinalou que “esta actividade divulgativa ten como obxectivo achegar á rapazada ao mundo dos minerais, comezando por ensinarlles a diferenciar un mineral do que non o é. Despois irán vendo as principais características dos minerais como son a cor, o brillo, a dureza, a forma, a transparencia… para o que terán á súa disposición máis de medio cento de mostras de minerais procedentes de diferentes lugares do mundo, moitos deles das propias Minas de San Finx”.

A maiores, Fran Canosa fará unha demostración de minerais fluorescentes, unha propiedade que só teñen uns poucos minerais. De feito, para poder ollalos os nenos e nenas terán que facelo na escuridade e coa axuda dunha lámpada de raios ultravioleta, o que será unha experiencia realmente sorprendente.

O obradoiro terá unha duración de 50 minutos. O número de prazas está limitado a 20 nenos e nenas, que deberán anotarse a través de www.bandoticket.com. No caso de que se esgoten as prazas, as persoas interesadas poden enviar unha solicitude ao mail museominasdesanfinx@gmail.com de cara a organizar unha segunda quenda. Este Taller de Minerais está organizado polo Concello de Lousame e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Interior do Museo da Mina de San Finx

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.