O Concello de Boiro saca unha nova liña de axudas para fomentar a conciliación familiar e a dinamización demográfica

02 Xuño 2025

O Concello de Boiro vén de sacar unha nova liña de apoios (Axudas e Subvencións de Conciliación e Dinamización Demográfica) destinadas ás familias con fillos menores de 12 meses para fomentar o crecemento demográfico. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, deron a coñecer as axudas na mañá deste luns 2 de xuño.

Segundo informaron, estes recursos para a veciñanza están dotados cun orzamento de 3.000 euros e están dirixidos a sufragar os gastos asociados co coidado dos bebés ata un máximo de 300 euros por familia para compras realizadas. As subvencións poderán cubrir os gastos de alimentación infantil, produtos de hixiene, ou mobiliario para as crianzas.

“Con estas axudas aumentamos o catálogo de servizos en materia de benestar social axudando ás familias e fomentar o aumento poboacional”, afirmou o concelleiro Raúl Treus.

As bases da convocatoria publicaranse nas vindeiras semanas e as familias contarán cun prazo de tres meses para presentar as solicitudes. A xustificación das axudas farase coa presentación dos tíckets, dos que se sufragará arredor dun 40% do importe total ata un máximo de 300 euros.

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, argumentou que “dende o Concello de Boiro seguimos traballando na mellora dos servizos que redunden na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.