O Concello de Boiro recibe unha subvención de 109.625 euros para melloras no seu parque empresarial

06 Xuño 2025

A Consellería de Economía e Industria vén de conceder unha subvención por importe de 109.625,58 euros ao Concello de Boiro co fin de habilitar e mellorar as infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na práctica esta axuda traducirase nun proxecto de mellora de infraestruturas no parque empresarial de Espiñeira para acondicionar vías que se atopan en terreo natural sen asfaltar. Por unha banda vaise acondicionar un camiño de acceso dende a vía principal de entrada ao polígono até unha parcela municipal; outra vía de acceso dende o parque empresarial a unha pista forestal; o pavimentado de dous aparcadoiros públicos que se atopan con fresado; vaise executar o pintado do firme das vía da Fase II e vaise acondicionar un novo aparcamento público.

Estas accións suporán a continuación das melloras nas infraestruturas viarias no interior do parque empresarial de Espiñeira, dotando a contorna do polígono de maior seguridade e mellores servizos atendendo ao crecemento de fluxo de persoas que experimentou nos últimos anos tras a implantación de novas grandes industrias.

O parque empresarial de Espiñeira comezou a súa andaina no ano 1998 e na actualidade conta cunha superficie duns 324.500 metros cadrados, co terreo industrial completamente esgotado e máis do 90% das parcelas xa ocupadas. “Levamos a cabo melloras nas infraestruturas do parque empresarial para dar servizo ás industrias que se atopan aloxadas á vez que seguimos traballando co obxectivo da ampliación do polígono para atender a demanda de solo industrial que temos na actualidade”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.