O Concello de Boiro realiza unhas caixas agasallo para os bebés nados no ano 2025

13 Xuño 2025

O Concello de Boiro reparte caixas agasallo para os bebés nados no ano 2025 no marco das accións de dinamización demográfica que está a levar a cabo o equipo de Goberno local. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, coñeceron o contido das caixas que xa se están a entregar

Co obxectivo de apoiar ás familias e fomentar o crecemento da poboación, unha acción simbólica e práctica para das a benvida aos novos rapaces e rapazas empadroados no municipio. As caixas inclúen unhas tarxetas de estimulación visual, unha bolsa téxtil, un dominó de animais, marionetas de dedos, imán personalizado…

Esta iniciativa complementa as accións de dinamización que o Concello de Boiro está a levar a cabo co obxectivo de superar os 20.000 habitantes. Nas próximas semanas abrirase tamén a convocatoria de axudas para bebés acabados de nacer dun máximo de 300 euros por familia para compras de alimentación infantil, produtos de hixiene ou mobiliario para bebés.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...