O Concello de Boiro promove un obradoiro de autodefensa persoal para mulleres

03 Xuño 2025

O Concello de Boiro, no marco do programa e actividades Muller e Saúde, promove un obradoiro de autodefensa persoal para mulleres. A actividade desenvolverase o sábado 21 de xuño en horario de 9.30 a 13.30 horas no Pavillón de Barraña.

O taller está destinado a mulleres maiores de 16 anos e busca apoderar ás participantes mediante técnicas de defensa física e estratexias preventivas. Trátase dunha actividade de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións de violencia de xénero, informou o Concello.

As inscricións están abertas e poden facerse no Centro de Información á Muller mediante o enderezo electrónico cim@boiro.org ou o teléfono 981 84 48 00 ext. 1285.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.