O Concello da Pobra saca a licitación o uso dun dos catro postos dispoñíbeis no Mercado

03 Xuño 2025

O Mercado Municipal da Pobra do Caramiñal conta, na actualidade, con só catro puntos de venda dispoñíbeis. Porén, este número podería cambiar en datas vindeiras despois de que o Concello sacase a licitación o uso privativo, por concesión demanial, do posto número 10. Trátase, tal e como explicou a concelleira de Promoción Económica, Amparo Cerecedo, dunha “oportunidade única” para que unha nova empresa ou emprendedor se asente “nun espazo xa consolidado, cunha clientela fiel e cunha rede de praceiros e praceiras con gran experiencia”.

Tal e como se expón no prego de prescricións técnicas, “o posto 10 atópase en perfecto estado”, dispoñendo de todos os equipos necesarios para acoller un novo punto de venda de alimentación ao por menor: lavadoiro, expositor e zona de neveiras, mostrador e tomas de auga e luz. Este stand ten unha superficie poligonal de 21,30 metros cadrados.

En canto á duración, a concesión sería de dous anos, cun orzamento de base de licitación de 3.174,56 euros. Con todo, contémplase a posibilidade de fixar unha prórroga de 10 anos que estará condicionada á renovación ou á formalización dunha nova concesión entre o Concello e Portos de Galicia.

Xornada de portas abertas

Precisamente, o Concello organizou o pasado sábado 31 de maio unha xornada de portas abertas xunto ao Coworking para promover o papel do Mercado Municipal como un “motor” para o emprendemento. A acción levouse a cabo como parte da campaña Quere ao teu mercado da Dirección Xeral de Comercio e en colaboración coa Rede Provincial de Coworkings.

O Concello confirmou o interese suscitado pola iniciativa, que atraeu a múltiples participantes que puideron realizar un percorrido polos postos dispoñíbeis na dependencia e, ademais, coñecer os servizos de apoio e asesoramento do Coworking.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...