O Concello da Pobra retoma as obras para reformar a terceira fase do Camiño Real no Conchido

19 Xuño 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal anunciou que en datas vindeiras concluirá a terceira fase do proxecto de reforma do Camiño Real, no Conchido. Así o confirmaron o alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, durante a súa recente visita ao lugar para comprobar o avance dos traballos. Tal e como o rexedor e a edil explicaron, “este proxecto suporá a execución dunha rede separativa de recollida de augas pluviais e saneamento, mellorando os servizos para a veciñanza e resolvendo, ademais, unha problemática ambiental que se viña producindo na zona”.

Lembraron que o proxecto arrincara en decembro do ano pasado, cando a adxudicataria acometeu unha parte das obras. Porén, sinalaron, “por razóns alleas ao Concello a compañía incumpriu o prazo de execución, quedando estas intervencións sen rematar nos prazos previstos”.

Así, para garantir que estes traballos rematasen, o Goberno local recorreu a un contrato menor que foi adxudicado por 36.977,60 euros. En total, o Concello destinou un investimento próximo aos 100.000 euros. 

Con estas obras búscase cumprir un dobre obxectivo: por unha banda, continuar mellorando as infraestruturas e servizos básicos da veciñanza e, pola outra, resolver un problema de tipo medioambiental que afectaba ao Conchido. Ata o de agora, este treito do Camiño Real contaba cunha única canalización que recollía tanto as augas de saneamento como as pluviais. Debido ao desnivel da estrada, con pendente en dirección contraria á EDAR da Pobra, no se momento optouse por conectar a canalización ao pozo de bombeo do concello de Boiro. Con todo, o elevado volume de recollida colapsaba esta estrutura e impedía o seu correcto funcionamento. Outro dos problemas debíase aos puntos de perforación que presentaba a canalización de saneamento e que podía provocar verteduras directas ao mar nos momentos de maior caudal, sinalaron Vidal e Lojo.

O proxecto do Concello suporá a creación dunha rede separativa de recollida de augas pluviais e de saneamento cos seus respectivos pozos de rexistro e sumidoiros. No caso das augas pluviais, estas dirixiranse ata o leito que discorre entre A Pobra e Boiro. Para a de saneamento disporase de diversos bombeos que permitan a recollida e a condución da totalidade dos vertidos cara a EDAR da Pobra. O proxecto incluíu a substitución dos condutos de abastecemento da auga, que eran de fibrocemento, por outros con outros tipos de materiais e a reposición completa do firme de aglomerado asfáltico.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...