O Concello da Pobra regula a realización de cacharelas de San Xoán en espazos públicos e privados

02 Xuño 2025

A Pobra prepárase para vivir unha das noites máis máxicas do ano: a festividade de San Xoán, no serán-noite do 23 de xuño. Para garantir que a celebración se faga coa máxima seguridade, o Concello regula, a través dun bando, a realización de cacharelas en espazos públicos e privados durante a noite do 23 ao 24 de xuño. Con independencia de onde se fagan, as fogueiras están suxeitas a unha solicitude previa que deberá tramitarse antes do 19 de xuño no rexistro municipal ou sede electrónica.

En espazos públicos fíxanse as seguintes condicións:

-Na praia dos Areos autorizaranse, unicamente, no tramo entre a rampla e a zona de duchas, no inicio do paseo.

-No areal da Lombiña poderán facerse dúas lumeiradas, unha na entrada e outra na contorna do campo de voleibol.

-Nos Raposiños permitirase unha única fogueira.

As peticións para outros lugares distintos dos anteriores serán atendidas individualmente e autorizaranse en función do risco que supoñan. O Concello restrinxe as cachadas nas praias da Corna, A Illa e A Barca.

En todos os casos, o horario de inicio será a partir das 20.00 horas do luns, 23 de xuño, debendo rematar antes das 3.00 horas do martes, día 24. As persoas responsábeis deberán facerse cargo da limpeza e da recollida de calquera residuo. No caso de Areos, os labores reforzaranse ao día seguinte por parte do persoal municipal.

Zonas privadas

No caso das fogueiras en espazos privados, a hora de inicio está marcada a partir das 18.00 horas do 23 de xuño. En canto ao remate, este está fixado para antes das 3.00 horas do 24. Na súa solicitude, as persoas particulares deberán indicar nome, apelidos e DNI da persoa solicitante e/ou responsábel da fogueira en caso de non ser a mesma, enderezo electrónico, un teléfono móbil de contacto e o lugar exacto da cacharela.

Restricións

Os materiais que se empreguen para as fogueiras deberán ser de orixe vexetal, non podendo usarse outros como plásticos, gomas, espumas, pinturas, vernices, nin acelerantes. Así mesmo, a madeira non debe conter restos metálicos nin vidro.

Previamente ao inicio deberá executarse unha devasa (cortalumes) mediante a eliminación manual ou mecánica do material combustíbel nunha franxa de, polo menos cinco, metros de ancho. Queda prohibido realizar lumes en solos rústicos de protección forestal e en espazos naturais, preto de masas forestais ou matogueiras.

As solicitudes terán que prestarse antes do 19 de xuño no rexistro municipal ou mediante sede electrónica indicando o lugar exacto da fogueira. As persoas que fagan a petición con posterioridade non contarán con autorización municipal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.