O Concello da Pobra incrementará a seguridade na vía de acceso ao Polígono da Tomada

20 Xuño 2025

O Concellos da Pobra do Caramiñal sacou a licitación o proxecto de pavimentación da vía de acceso ao Polígono Industrial da Tomada. En concreto, as obras levaranse a cabo na estrada que une a rotonda de entrada ao parque industrial e a situada na avenida da Tomada. O valor estimado do contrato é de 36.763,81 euros e, unha vez adxudicadas, as intervencións terán un prazo de execución dun mes.

A concelleira de Obras, Patricia Lojo, sinala a importancia destas actuacións “coas que se continúa mantendo unha aposta decidida por reforzar as condicións de seguridade mellorando, ademais, o acceso ao noso parque industrial, un motor económico para o municipio”.

Na actualidade, e a pesar dos traballos de rebacheo que se executaron no lugar, a vía presenta un estado de conservación deficiente. Con estas intervencións, o Concello renovará a calzada por completo, acometendo tanto o fresado de pavimento de aglomerado asfáltico como o pintado da sinalización.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.