O Concello da Pobra abre o prazo para as axudas de escolarización para familias en situación económica e social desfavorábel

23 Xuño 2025

O Concello abriu este luns 23 de xuño o prazo para solicitar as axudas de escolarización para as familias que se atopen nunha situación económica e social desfavorábel. A convocatoria, que ascende a 11.000 euros, servirá para sufragar os gastos de adquisición de material escolar e comedor para o curso 2025/2026. A concelleira de Servizos Sociais, Amparo Cerecedo, sinala a importancia desta liña “coa que se busca apoiar a aquelas familias que, por distintas circunstancias, precisan axuda á hora de afrontar os gastos derivados do servizo de comedor ou da compra de material escolar”.

A convocatoria está dirixida ao alumnado matriculado en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria da Pobra no curso 2025/2026. Estes estudantes deberán formar parte de unidades familiares incluídas en programas de intervención familiar dos Servizos Sociais ou cunha grave situación de desvantaxe ou risco social. Entre os requisitos das persoas solicitantes fíxase o empadroamento e a residencia efectiva no municipio, o feito de ser pais, nais ou titores legais de rapaces e rapazas en idade escolar obrigatoria e uns límites de renda da unidade familiar no 2024.

O orzamento da convocatoria é de 11.000 euros, podendo outorgarse axudas de ata 55 euros para material escolar. No caso do comedor escolar, sufragarase o custo total para aquelas de familias que formen parte dalgún programa de Servizos Sociais. No resto de supostos financiarase a metade do desembolso desta prestación.

O prazo de solicitude estará dispoñíbel ata o 11 de xullo (incluído). As solicitudes deberán entregarse, xunto coa documentación requirida, no rexistro do Concello.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.