O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acolle a presentación oficial do Rompetiño Jump 2025

18 Xuño 2025

Este martes, 18 de xuño, celebrouse no Centro de Interpretación do Castro de Baroña a presentación oficial da nova edición do Rompetiño Jump, un evento que continúa consolidándose como unha das citas culturais e deportivas máis destacadas do verán en Porto do Son.

No acto participou o alcalde do municipio, Luis Oujo, quen puxo en valor a proxección do festival, afirmando que “é xa unha marca consolidada e un evento moi especial para nós”. O rexedor mostrouse optimista e expresou o seu desexo de que “esta edición poida bater o récord e superar a barreira dos 20.000 espectadores”. Ademais, agradeceu aos organizadores a súa aposta continuada polo municipio e felicitounos polo seu traballo, asegurando que “a programación non ten nada que envexar á de festivais similares que se celebran en grandes cidades”.

Xunto ao alcalde, tamén asistiu o concelleiro de Deportes e Xuventude, Carlos Lorenzo, e conducindo o acto estivo o representante do Festival Rompetiño, Fernando de Castro. Tamén interviñeron Luis Pazos, codirector do festival; Hugo Pérez, representante de Marketing local e clientes de Mahou San Miguel; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais; e Roberto García, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña.

Esta nova edición do Rompetiño Jump destaca pola presenza de artistas de renome nacional e internacional como Soto Asa, Raúl Clyde, Disobey e Arce. O festival mantén ademais o seu compromiso co talento emerxente e coa escena local, programando concertos de balde con grupos como Leite con Jalletas, Capitán Sabrosura e Paco de Leña.

Durante a presentación tamén se anunciou que o festival redobra a súa aposta polo deporte e a cultura urbana, cunha ampla oferta de competicións de BMX, skate, breakdance e baloncesto 3×3, así como exhibicións abertas a todos os públicos e deseñadas para gozar en familia.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.