O campionato Burger Experience chega á Pobra do Caramiñal do 3 ao 6 de xullo

26 Xuño 2025

O macroevento gastronómico itinerante Burger Experience, organizado por Discovery Producións en colaboración co Concello A Pobra do Caramiñal, aterra na Pobra do Caramiñal o xoves 3 de xullo e prolongarase ata o domingo 6 de xullo, na praza Segundo Durán. Durante catro días, os amantes das hamburguesas poderán gozar dunha auténtica experiencia gourmet ao aire libre.

Máis de dez food trucks provenientes de restaurantes de toda España competirán presentando máis de 20 variedades de hamburguesas. Farano “nun campionato único onde o público é o protagonista”, en palabras da organización, que engade que as persoas asistentes poderán degustar e votar polas súas creacións favoritas e que as hamburguesas máis votadas pasarán á gran final, que será “un evento especial e cheo de sorpresas”.

Burguer Experience é ademais un evento que atende as diversidades. Ademais de opcións para persoas celíacas, tamén se ofrecerá menú infantil, para que os máis pequenos poidan gozar da súa propia experiencia a medida.

Para os amantes das sobremesas, o evento contará cun food truck especializado en tortas de queixo.

“Non se trata só dun festival gastronómico, senón un plan familiar completo, con música en directo, un ambiente animado e a oportunidade de gozar das mellores hamburguesas da tempada nun espazo cómodo e seguro”, explican dende a organización. ç

A experiencia xa se celebrou con éxito en Ribadeo, Ribeira e Ferrol. Tralo seu paso pola Pobra do Caramiñal, chegará a Nigrán (do 10 ao 13 de xullo) e a Boiro (do 17 ao 20 de xullo).

Detrás deste evento atópase Discovery Producións, nada a finais de 2023 baixo a dirección de Alberto Monsalvo.

A cita na Pobra do Caramiñal

Lugar:

Praza Segundo Durán
Acceso libre ata completar aforo

Data:

Do 3 ao 6 de xullo

Horario:
Xoves: 19:00h. a 23:00h.
Venres: 19:00h. a 1:00h.
Sábado: 12:00h. a 1:00h.
Domingo: 12:00h. a 23:00h.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...