O BNG rende homenaxe a Ánxela Franco en Porto do Son polo seu legado político e humano

01 Xuño 2025

A comarca da Ría de Muros e Noia, xunto coa do Barbanza, reuniuse nun acto de homenaxe á figura de Ánxela Franco, quen faleceu no ano 2019. Natural de Porto do Son, Franco exerceu como deputada provincial do BNG na área de Benestar Social e Igualdade da Deputación da Coruña e como concelleira no seu concello natal, deixando unha profunda pegada tanto no ámbito político como social.

O emotivo acto comezou cunha ofrenda floral ao pé dunha gran imaxe da homenaxeada, acompañada da interpretación do himno galego. Posteriormente, tomaron a palabra compañeiras e compañeiros de partido, como o portavoz municipal no Porto do Son, Balbino Montemuiño; a responsable comarcal e deputada provincial, Sol Agra; e a deputada no Parlamento galego, Rosana Pérez.

Numerosos militantes, simpatizantes, amizades, veciñas e familiares acudiron á cita para lembrar a figura dunha muller que loitou con firmeza pola xustiza social e a igualdade desde o nacionalismo galego.

Desde o BNG quixeron destacar “o grande respecto e admiración polo valioso legado político da compañeira Ánxela Franco”, poñendo en valor a súa traxectoria como exemplo de compromiso coa súa terra e coa defensa dos dereitos sociais.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.