O BNG, crítico co PP por rexeitar a súa proposta para modernizar a planta de reciclaxe de Lousame e “salvar máis de 125 empregos”

19 Xuño 2025

Finalmente, o Partido Popular votou en contra da proposición non de lei presentada pola deputada do Bloque Nacionalista Galego, Rosana Pérez, para “instar á Xunta a implicarse activamente na modernización e reconversión da planta de reciclaxe de Servia, no concello de Lousame”. A iniciativa tamén recollía a proposta do comité de empresa para crear unha mesa de traballo con todas as partes implicadas co obxectivo de garantir o futuro da planta e dos seus máis de 125 postos de traballo. A deputada nacionalista Rosana Pérez criticou con dureza a posición do PP e da Xunta, “que optan por manter a Galiza na cola da reciclaxe estatal, apostando por un modelo obsoleto e antiecolóxico como o de SOGAMA, baseado na incineración, mentres deixan morrer alternativas como a planta de Lousame, que durante anos foi referente na recuperación de residuos”.

Pérez fixo saber que segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica, no ano 2018 a planta de Lousame acadaba unha recuperación do 36%, fronte ao 3,16% de SOGAMA. “A pesar destes resultados, a Xunta non só nunca apoiou esta planta, senón que a castigou con décadas de abandono e sen achegas económicas, mesmo nos momentos máis críticos”, denunciou Pérez, engadindo que a situación da planta, que presta servizo a máis de 86.000 persoas de nove concellos, é “insostíbel debido á colmatación do vertedoiro, á falta de mantemento e á débeda acumulada pola Mancomunidade Serra do Barbanza”. Precisamente, a proposta nacionalista buscaba implicar institucionalmente á Xunta para “garantir a continuidade do servizo e dos empregos, apostando por diversificar o tratamento de residuos e aproveitar o potencial xa existente”.

“A planta de Lousame pode e debe seguir sendo un modelo de reciclaxe de proximidade, sostíbel e xerador de emprego. Pero para iso cómpre vontade política e compromiso coa veciñanza. Hoxe, o PP demostrou que non ten nin unha cousa nin a outra”, concluíu Rosana Pérez.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.