O Auditorio de Ribeira acolleu a gala final de Di-Versos, programa infantil de creación musical pola diversidade

18 Xuño 2025

A primeira edición do programa Di-Versos, que xunta cancións feitas nos colexios de Ribeira para facer oír a diversidade a través dun gran obradoiro de composicións de cancións, chegou este mércores 18 de xuño á súa culminación no Auditorio de Santa Uxía. O programa, promovido polo departamento de Servizos Sociais do Concello e levada a cabo polo compositor local, Fernando Pérez, celebrou a súa gala final cunha chuvia de premios.

A prol da diversidade

Neste programa propúxose a participación dunha aula de terceiro ciclo de cada centro educativo de ensino primario do concello de Ribeira, na que os alumnos e alumnas compoñen, interpretan e gravan unha canción, relativa a calquera tipo de diversidade, sexa cultural ou natural, promovendo valores como xustiza, liberdade, igualdade, equidade, comprensión, respecto e/ou apoio mutuo.

Cada unha das composicións foron inseridas nuns vídeos subtitulados que se atopan na web municipal.

As actividades realizáronse principalmente no primeiro trimestre do ano 2025 e foron orientadas especialmente a alumnos/as do 3o ciclo de primaria, sendo decisión do centro a elección do grupo/aula a participar.

Participaron na nova iniciativa o CEIP Pluriligüe Frións, o CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño, o CEIP de Olveira, o CEIP Plurilingüe O Grupo de Ribeira, o CEP Plurilingüe de Carreira, o CEIP Pluriligüe de Artes, o Colexio Galaxia de Ribeira, o Colexio A Milagrosa de Oleiros, o Colexio Sagrado Corazón de Castiñeiras e o Colexio Bayón de Ribeira. Participaron máis de 250 rapaces e rapazas do 3ª ciclo de primaria.

No día de hoxe celebrouse esta gala co obxectivo de xuntar a tódolos participantes e entregarlles uns trofeos e diplomas pola súa participación e dedicación desta nova iniciativa centrada en promoción os valores establecidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos.

A gala foi conducida por Santi Páramo (impulsor da iniciativa) xunto con Francisca Vidal, coordinadora dos Servizos Sociais e acudiron o rexedor ribeirense, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Vicente Mariño, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, alumnos e alumnas dos centros e profesorado.

Na cita as e os participantes puideron visionar os vídeos onde se reproduciron as cancións creadas por elas e eles, e ao rematar os bloques de vídeos procedeuse á entrega de premios na que CPR Galaxia resultou premiado ao Talento Diverso; o CEIP Plurilingüe O Grupo, premio Ritmo de Cores; o CPR Plurilingüe La Milagrosa (Oleiros), premio Notas de Igualdade; o CEIP Plurilingüe de Frións, premio Escena de Todos; o CPR Sagrado Corazón de Jesús (Castiñeiras), premio Harmonía en Movemento; o CPR Bayón, premio Sorrisos con Identidade; o CEIP Heroínas de Salvora (Aguiño), premio Voces que Unen; o CEP Plurilingüe Carreira, premio Pasos con Corazón e o CEIP Plurilingüe de Artes co premio Luces de Inclusión.

Alcalde, tenente de alcalde e concelleira (Luís Pérez Barral, Vicente Mariño e Cruz Rivadulla) repartiron os trofeos e diplomas desta gala na que se mostraron agradecidos aparte de sorprendidos pola gran calidade de tódalas propostas aportadas polos colexios apoiadas polo equipo técnico e o músico Fernando Pérez.

Na gala tamén se destacou o XX aniversario da Escola Infantil Municipal de Ribeira adscrita ao departamento de Servizos Sociais do Concello que tamén participou en Di-versos coa súa canción e recibiu un recoñecemento pola súa traxectoria que recolleu directora pedagóxica da escola, Olalla Ouviña.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...