“Non perder a esperanza”. Luís Celeiro

30 Xuño 2025

A resposta a nivel cerebral da cidadanía á corrupción depende da ideoloxía de cadaquén e
de onde ou por onde ela veña, segundo un estudo científico asinado por profesores da
Universidade de Granada e a Temple University de Estados Unidos. A investigación, que ten
como eixo a neurociencia, analizou o comportamento de simpatizantes do PSOE e do PP ao
ler e coñecer novas da corrupción ou novas positivas do partido contrario.
Os investigadores din que, a nivel cerebral, é máis efectivo para os partidos políticos
desenvolver campañas que desacrediten ao adversario que incidir nas prácticas positiva
propias. Se o di a ciencia será así, aínda que moitos defendan e pensen que o importante
son as accións positivas, aquelas que redunden no ben común.
O importante é transmitir, con razón ou sen ela, que aquel outro partido é infinitamente
peor, con actividades opacas ou escuras, con responsables máis corruptos, máis insolidarios
e, se cabe, máis ladróns. As persoas afíns ao PSOE, ao parecer, son máis autocríticas e
rexeitan con máis firmeza que as afíns ao PP, os casos de corrupción en calquera dos
partidos.
A investigación, despois de escanear o cerebro destes escollidos lectores de mensaxes sobre
a corrupción, está recentemente publicada na revista Political Psychology e servirá para que
os partidos determinen as súas estratexias comunicativas, para captar votos e asegurar bos
resultados. E, “a corrupción, se segue, que siga”.
É unha lacra que impide o desenvolvemento harmónico dos pobos e que ataca á sociedade
civil, un complexo fenómeno social, político e económico que deixa sen alento aos máis
vulnerables, que socava as institucións democráticas ao distorcer os procesos electorais e as
propias normas escritas, pero aí está impedindo que se poida construír un mundo de
xustiza, de liberdade e de igualdade.
O Consello Económico e Social da ONU recoñece que máis do cinco por cen do PIB mundial
vaise para mans corruptas, para dar pulo á delincuencia organizada e estender o malvivir,
con penalidades e escaseza de medios entre as multitudes humildes e de bonhomía. Para
erradicar a corrupción hai que unir todas as mans, esixir transparencia e contundencia,
recuperar a confianza e, como di a Tía Manuela, “non perder nunca a esperanza”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.