“No punto de mira”. Luís Celeiro

20 Xuño 2025

Entre eles mordíanse en silencio e mancábanse canto podían, como se fosen inimigos que se
odiaban, dentro da mesma casta, pero querían aparentar o contrario, como se fosen amigos
da alma ou irmáns, como se navegaran na mesma barca e o caladoiro fose só deles ou, en
todo caso, dos parentes deles.
Ían e volvían, sen sacar as mans da masa, amasando e, coa súa voz rotunda e educada,
enganando, incluso se era preciso, chorando. Igual que a Felisa do Nazario, cando ía tornar a
auga para que regara no seu prado o día que lle tocaba ao veciño, tapaba a cabeza cun
mandil, na procura de que non a viran naquela vergoñenta función de arrapañar todo para
ela e para a súa familia.
O veciño cambiaba a auga de rego, pero a herba na súa leira non medraba, pola contra,
secaba a herba, o prado e o rego. Era a política practicada pola desvergonza e a procacidade
da familia contraria, con todos os seus membros colocados estratexicamente con cadanseu
rodo na man.
A cobiza e as ansias daquela xente eran desmesuradas ata o punto que lles impedían ver a
realidade. Todo estaba ben, menos o que pensaban os outros, aínda que tiveran razón e
fosen a maioría do lugar, aos que máis horas lles correspondía regar. A cobiza era tal que o
máis valente e obediente dos labradores, confirmaba o seu poderío dicindo que vai regar
pola noite. “Cando ninguén se dea conta -dicía-, procederase a cambiar a auga e guiarémola
para onde conveña”.
O reparto da auga en calquera lugar debe facerse con transparencia, con claridade e coa
participación da veciñanza, buscando sempre o equilibrio entre a eficacia produtiva e a
xustiza social, para beneficio dos aldeás propietarios de cada un dos prados e, logo, de toda
a veciñanza.
Todo isto parece política. O que máis pode e o máis desvergonzado é o que máis rega, quen
rouba a auga pola noite coa cara tapada e vai á misa ou rezar cada domingo, como se non
pasara nada, como se fose o líder de todos os cambios, de todos os pensamentos e de todos
os tempos, dos que pasaron e dos que virán.
A Tía Manuela é rotunda, tanto no reparto da auga como en calquera outro, “o repartidor
debe ser respectuoso coa xente, debe ampararse no coñecemento e no pensamento crítico,
e ten que ser eticamente responsable, co ben común sempre no punto de mira”.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.