Na Pobra unha persoa ferida tras un accidente de tráfico na AG-11 e tamén un ciclista ao seu paso polo concello

23 Xuño 2025

Os bombeiros do parque provincial de Ribeira foron solicitados esta tarde por un accidente de tráfico no quilómetro 33 da AG-11, ao seu paso polo concello da Pobra do Caramiñal, resultando ferida leva unha persoa. Participaron Policía Local, Garda Civil, 061 e persoal de mantemento de estradas.

Por outra banda tamén na Pobra un ciclista resultou ferido esta tarde, o 112 Galicia tivo constancia do atropelo a un ciclista na estrada da Silva, na parroquia de Santa María do Xobre ou o Maño. Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que alertou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias minutos despois das 14 horas, e explicou que estaban a mobilizar o seu helicóptero medicalizado con base en Santiago, que tomou terra no lugar do accidente. No operativo tamén participaron a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local da Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.