Muros fai públicas as normas para garantir a seguridade no concello na noite de San Xoán

09 Xuño 2025

O Concello de Muros publicou estes días as normas relativas aos lumiños e cacharelas da vindeira festividade de San Xoán, no serán e noite do 23 de xuño. Segundo se fai saber no comunicado, as persoas, asociacións ou comunidades que desexen realizar unha cacharela deberán presentar a solicitude no Concello de Muros antes das 14:00 horas do día 19 de xuño cumprimentando o modelo de solicitude.

Ademais, indícase que as laradas ou cacharelas situaranse en lugares seguros, de tal xeito que non exista perigo de propagación accidental ás vivendas, instalacións ou terreos próximos.

Por outra banda, non se permite a utilización de líquidos inflamábeis nin queimar produtos contaminantes. Tampouco se poderán queimar residuos ou restos domésticos, forestais ou agrícolas.

As laradas deben estar baixo vixilancia en todo momento e os responsábeis deberán asegurarse de que o lume queda completamente apagado.

“Mediante estas normas queremos garantir a seguridade das persoas, facendo compatíbel a celebración dunha festa tradicional coa seguridade de todos”, sinalaron dende o Concello, engadindo que a información está dispoñíbel na sede electrónica municipal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

“Cando o mundo volve á lei do máis forte” – José Luis Calo

Eu non son experto en política internacional nin en estratexias militases. Son un cidadán do día a día, dos que prenden a televisión, len as noticias e tratan de entender o que está a pasar co mundo no que vivimos. E o que vexo ultimamente con Donald Trump á fronte de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.