Mércores 18, sol e as temperaturas baixan lixeiramente aínda que seguen altas

17 Xuño 2025

Poucos cambios na situación meteorolóxica, con altas presións ao norte da península Ibérica e a presenza de aire cálido en superficie. Así, os ceos estarán xeralmente pouco nubrados ou despexados, con nubes medias e altas pola tarde na metade sur, e néboas costeiras que entrarán polo litoral de Pontevedra na segunda metade da xornada. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso (30 graos). Os ventos soprarán moi frouxos e variables, agás no litoral da Coruña, onde haberá intervalos de nordés moderado.

meteogalicia

O noso mar;Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 1 a 3 á mañá, 2 a 3 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...